A asociación Barrio dos Muiños organiza o Folión de San Xoán mañá

TerraChaXa | AMariñaXa
22 Xuño 2019

A asociación Barrio dos Muiños organiza o Folión de San Xoán o día 23 de xuño.
Haberá un xantar campestre e unha sesión vermú, inchables para os nenos e unha exhibición de zumba. Xa pola noite a festa estará amenizada polo dúo Epo-k, despois será a quenda da cea e o encendido do Folión con música para que os asistentes gozen do lume novo.
Para o xantar, merendar e cea hai que reservar o ticket que ten un prezo de 15 euros para os socios, e 18 para os non socios.
Para máis información e reservas hai que chamar aos teléfonos 678 990 683 - 633 033 444.

0.10957002639771