A asociación Bola Meiga de Rábade celebrará o seu 25 aniversario
A asociación Bola Meiga de Rábade celebrará o seu 25 aniversario o 3 de outubro cun torneo de futbolín.
Haberá tres categorías que recibirán premios que oscilarán entre os 500 e os trinta euros.
As inscricións teñen un prezo de 30 euros.
O 12 de abril de 1992 organizouse o primeiro gran campionato de futbolín en Rábade escollendo para o evento dous locais con ampla capacidade.
Tamén por primeira vez facíase entrega de premios en metálico cos seus correspondentes trofeos, sendo a participación multitudinaria, pero só a nivel galego, destacando a sorprendente presenza durante o desenvolvemento do evento das cámaras da televisión galega e do numeroso público asistente.
Este feito deixou a porta aberta á creación da asociación Bola Meiga, coa publicación dunha revista e a primeira liga provincial entre locais, e á denominación cinco anos mais tarde do I Gran Máster Nacional de Futbolín de Rábade no ano 1997.