A asociación Campeiras das Pontes convoca unha charla sobre a lumbalxia
TerraChaXa
Será este martes, 18 de febreiro, as 20.00 horas no local social

16 Feb 2025
A Asociación Veciñal Campeiras das Pontes organiza unha charla informativa sobre a lumbalxia, unha afección común que afecta a un gran número de persoas. O evento terá lugar o martes 18 de febreiro ás 20:00 horas no Local Social da entidade.
A conferencia correrá a cargo da traumatóloga Laura Ameneiro, quen abordará as causas, os síntomas e os posibles tratamentos para esta doenza, ofrecendo tamén recomendacións para a súa prevención.
A entrada é libre, polo que todas as persoas interesadas están convidadas a asistir e resolver as súas dúbidas sobre este problema de saúde.