A asociación cervense de Arama anima a inscribirse nos seus bailes de salón

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
10 sep 2019

O Concello de Cervo anima a toda a veciñanza a anotarse ás clases de baile de salón que promoven a organización Arama e a Escola de Baile Hover Cross; e que terán lugar en Cervo e en San Cibrao.

A actividade foi presentada pola edil de Cultura, Dolores García Caramés o  presidente da asociación Arama (Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos de A Mariña), Manuel Casas, e polo profesor internacional de baile de salón, José Villarino.

As persoas interesadas poder inscribirse ou recibir información a través dos teléfonos 648 033 250 ou 620 817 300.

O vindeiro xoves, 12 de setembro, está prevista unha reunión ás 21:00 horas, na Casa da Cultura, para concretar horarios, a data de comezo das clases e a organización dos grupos.

As sesións, unha á semana, serán impartidas por profesores titulados en vals, pasodobre, tango, foxtrot, merengue, cumbia, bachata, salsa e chachachá; e o prezo mensual está fixado en 20 euros por persoa.

O pasado ano foron 16 as parellas que asistiron ao curso.

0.072896957397461