A Asociación cultural Aquilino Iglesias Alvariño arranca o venres un club de lectura
TerraChaXa
É unha actividade totalmente gratis que terá lugar na casa da cultura de Muimenta os últimos venres de cada mes
21 Out 2024
A Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño de Muimenta arranca unha nova quenda do club de lectura dirixido ao público adulto ou xuvenil co obxectivo de fomentar a relación entre a veciñanza de Muimenta e descubrir novos libros ou escritores/ras.
É unha actividade totalmente gratis que terá lugar na casa da cultura de Muimenta os últimos venres de cada mes, ás 21.00 horas, durante 60 minutos. Ademais, todo o que queira asistir non ten que inscribirse previamente.
Na primeira sesión, que terá lugar o día 25 de outubro, conversarán sobre Golpes de luz, de Ledicia Costas, e Extraordinario, de Antón Lopo.