A Asociación cultural de Nausti estará de viaxe en Portugal o 14 de outubro
TerraChaXa
A Asociación Recreativo Cultural Nausti, en Vilalba, organiza unha viaxe a Vilanova de Cerveira-Valença do Minho o sábado 14 de outubro con saída ás 7.
30 sep 2023
A Asociación Recreativo Cultural Nausti, en Vilalba, organiza unha viaxe a Vilanova de Cerveira-Valença do Minho o sábado 14 de outubro con saída ás 7.30 horas da mañá no restaurante Nova ruta.
Ao chegar, cunha parada previa para almorzar, prevese unha visita á feira de Vilanova, seguido dun xantar no restaurante Davide Afonso, en Valença.
Todos os que queiran asistir á viaxe deben anotarse, co número do DNI e data de nacemento, antes do lunes 9 e pagar o prezo que é de 35 euros os socios e 40 para os que non son socios. No prezo vén incluído o bus, seguro de viaxe, almorzo e xantar.
Desde a organización informan que no caso de non chegar ás 30 personas, non se realizará a viaxe.