A Asociación Cultural de San Martiño de Pino organiza sesións de ximnasia a partir do 3 de marzo

A Asociación Cultural de San Martiño de Pino pon en marcha unha nova actividade deportiva dirixida á veciñanza coa organización de sesións de ximnasia que comezarán o vindeiro 3 de marzo. As clases desenvolveranse os martes e xoves en horario de 18:45 a 19:45 horas.
A iniciativa está aberta tanto a persoas socias como non socias da entidade, establecéndose unha cota mensual de 25 euros para as persoas asociadas e de 30 euros para quen non o sexa. Desde a organización sinalan que as prazas son limitadas, polo que será necesario realizar inscrición previa antes do 24 de febreiro.
Con esta proposta, a asociación busca fomentar hábitos de vida saudables e promover a práctica regular de exercicio físico entre a poboación, ofrecendo unha alternativa accesible e adaptada ás necesidades da comunidade.