A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol celebra o seu 12º Magosto este venres

A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza este venres, 8 de novembro, a súa tradicional celebración do Magosto, que xa cumpre a súa duodécima edición. A cita desenvolverase na Escola do Santo a partir das 17.30 horas e contará coa presenza dos socios e veciños da parroquia.
Ademais de compartir unha tarde de convivencia arredor das castañas asadas, o programa inclúe tamén a asemblea xeral de socios, na que se abordarán asuntos de interese para a entidade.
O evento conta coa colaboración do Concello de Vilalba e da Deputación de Lugo. Desde a organización animan a todos os veciños a participar e gozar desta xornada de tradición e boa compañía.