A Asociación Cultural Eme de Meira trae catro pezas de teatro á Casa da Cultura de Meira

A Asociación Cultural Eme de Meira retoma a súa actividade escénica cun novo ciclo teatral dirixido ao público xeral. As representacións terán lugar na Casa da Cultura de Meira nas vindeiras semanas, co obxectivo de encher o outono de escena e de achegar o teatro á veciñanza.
A programación abrirase o sábado 15 de novembro, ás 19.00 horas, con 'Cinco minutos sen respirar' da compañía Ítaca Teatro. Continuará o domingo 30 de novembro, tamén ás 19.00 horas, con 'As aparencias enganan', a cargo do Grupo de Teatro do Hula. Xa en decembro, o domingo 7, ás 20.00 horas, representarase 'Blue Island, Un lugar axeitado para criminais' de Borguete Teatro. O ciclo pecharase o domingo 14 de decembro, ás 19.00 horas, con 'Nabiza Girl II' da actriz Isabel Risco.
A entidade organizadora salienta que se trata de citas pensadas para o conxunto da comunidade, e anima as persoas interesadas a achegarse á Casa da Cultura para gozar das propostas e apoiar o tecido cultural local.