A Asociación Cultural Nausti organiza a Festa Infantil de Entroido 2025

TerraChaXa
O evento contará cunha ampla variedade de actividades para que os máis pequenos gocen dunha tarde chea de diversión
disfraces-mascaras-entroido
25 Feb 2025

A Asociación Recreativa e Cultural Nausti celebrará a súa tradicional Festa Infantil de Entroido 2025 o vindeiro sábado 1 de marzo ás 17:00 horas no Centro Social José Luis Novo Cazón.

O evento contará cunha ampla variedade de actividades para que os máis pequenos gocen dunha tarde chea de diversión. Entre as propostas destacadas están un photocall, música, disfraces, talleres manuais, xogos guiados e, para rematar a festa cun toque doce, chocolate con churros.

A festa promete ser unha cita ineludible para as familias que queiran vivir o espírito do Entroido nun ambiente festivo e seguro.

⚙ Configurar cookies
0.12117099761963