A Asociación Cultural Nausti organiza unha excursión á Ribeira Sacra o vindeiro 11 de maio

A Asociación Cultural Nausti prepara unha completa xornada de lecer e natureza coa organización dunha excursión á Ribeira Sacra o domingo 11 de maio. Baixo o lema Un día para conectar coa natureza, a actividade promete unha experiencia enriquecedora que combina cultura, gastronomía e paisaxe.
O programa inclúe transporte subvencionado pola asociación, almorzo, unha viaxe en catamarán polos Canóns do Sil, visita a unha bodega, xantar nun restaurante da zona e seguro de viaxe. O prezo da excursión é de 50 euros por persoa.
Para que a actividade se leve a cabo, será preciso acadar un mínimo de 30 participantes. O prazo para realizar o pagamento remata o día 27 de abril. Para máis información e reservas, as persoas interesadas poden contactar cos seguintes números: Veva (625 52 11 13), Pilita (687 33 36 14) ou Mª Carmen (649 17 92 91).