A Asociación da Feira de Parga defende a propiedade da praza do Vinte e Oito

TerraChaXa
Vén de convocarse a Asamblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios/as do Campo da Feira de Parga e da Asociación de Veciños.
feira de parga9
21 Maio 2023

Vén de convocarse a Asamblea Xeral Ordinaria da Comunidade de Propietarios/as do Campo da Feira de Parga e da Asociación de Veciños/as da Feira de Parga, que terá lugar o vindeiro sabado día 4 de xuño do 2023 ás 19 horas (7 da tarde) en única convocatoria no local Bar Comba de Parga.

Nesta asemblea tratarse fundamentalmente sobre a polémica derivada da propiedade da praza do Vinte e Oito, onde se celebra a Feira, logo das declaracións do candidato do PP á Alcaldía.

A asociación xa explicou que "nin a actual directiva, nin as directivas que nos precederon ao longo da historia dende as sentencias xudiciais de 1928 e 1929, realizou transferencia da súa titularidade a ninguna Administración" e que tampouco se realizou ningún tipo de expropiación da propiedade por ningunha administración.

Engaden tamén que "podemos polo tanto desmentir rotundamente as insinuacións de conchaveo entre esta Directiva e a Administración Local do noso Concello.

Citaron tamén como exemplo de titularidade da Praza do Vinte e Oito, que a alcaldesa do Concello, solicitou permiso por escrito (como fan institucións, asociacións ou grupos de particulares) para celebrar na devandita Praza a Xuntanza Anual dos Maiores do pasado 27 de abril, "na que por certo tamén se atopaba José Manuel López Rodríguez".

Ademais, na asemblea, darase conta da situación económica do exercicio 2022.

0.20109510421753