A Asociación de A Pastoriza presenta a súa programación de outono con teatro, xantar e unha viaxe a Vigo

TerraChaXa
As actividades desenvolveranse entre novembro e decembro na Casa Socio-Cultural e inclúen unha excursión para gozar do Nadal vigués
A PASTORIZA actividades nov y dic
4 Nov 2025

A Asociación de A Pastoriza deu a coñecer o seu calendario de actividades para o remate do ano, cunha programación variada que combina cultura, convivencia e lecer. As propostas están dirixidas tanto a socios como a veciños e veciñas da parroquia.

O primeiro encontro será o venres 15 de novembro ás 21.00 horas, cando a Casa Socio-Cultural acolla a representación teatral ‘Lume Escénico’, do grupo ActiVes, unha proposta pensada para toda a familia.

O xantar da asociación celebrarase o sábado 29 de novembro ás 14.00 horas tamén na Casa Socio-Cultural. O menú inclúe xamón asado, polbo con cachelos, churrasco de porco e tenreira, sobremesa, café e chupito. O prezo é de 25 euros para socios/as e 35 euros para non socios/as, mentres que os menores de 10 anos poderán asistir de balde.

Por último, o 13 de decembro está prevista unha viaxe ao Nadal de Vigo, coa saída ás 8.30 horas e regreso ás 22.00 horas. O custo é de 20 euros para socios/as e 30 euros para non socios/as, e o xantar será por conta dos participantes.

As inscricións poden realizarse a través dos teléfonos 658 264 473 e 620 631 844. Desde a asociación lembran que se facilitará información máis detallada de cada actividade nas súas redes sociais.

⚙ Configurar cookies
0.061614036560059