A asociación de Amas de Casa de Bretoña remata o programa de primavera cunha visita a León

TerraChaXa
O 17 de xuño a Asociación de Amas de Casa de Bretoña (A Pastoriza) realizou unha saída turística a cidade de León. .
viaxe amas de casa bretona
1 Jul 2023

O 17 de xuño a Asociación de Amas de Casa de Bretoña (A Pastoriza) realizou a última das actividades previstas antes do descanso do verán: unha saída turística á cidade de León.

Saíndo a primeira hora da mañá, aproveitaron dende ben cedo para realizar a visita guiada aos principais atractivos turísticos da cidade: San Isidoro de León, a Catedral, o barrio do Húmedo, etc.

A Asociación, en activo dende 1986, está conformada por máis de 100 socios e socias da parroquia pastoricense de Bretoña. Este ano, ademais de visitar León, tamén foron a Guitiriz e Vilanova de Cerdeira, con parada na coñecida Fortaleza de Valença. Ademais de excursións, tamén organizan para os seus integrantes actividades ao longo do ano como talleres de cociña ou as clases de ximnasia no teleclub da vila.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16895914077759