A asociación de Árbol celebrará un taller de memoria para os veciños
TerraChaXa
A Asociacion cultural e deportiva de Árbol celebrará un taller de memoria para os veciños da parroquia a partir do 20 de novembro, unha actividade realizada en colaboración co Concello.
10 Nov 2019
A Asociacion cultural e deportiva de Árbol celebrará un taller de memoria para os veciños da parroquia a partir do 20 de novembro, unha actividade realizada en colaboración co Concello.
O taller terá lugar todos os mércores de 11.00 a 12.30 horas na Escuela do Santo impartido pola pedagoga Coral López, que traballará as técnicas de linguaxe, atención, memoria e cálculo.
Os interesados en incribirse poden facelo a través dos teléfonos 617 620 003 (Bea) e 655 582 171 (Paula).