A asociación de axuda ao enfermo mental da Mariña conta cun programa específico para mulleres
A Asocicación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña acaba de concedérselle unha subvención que permitiu dar continuidade a realización do programa, dirixido a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, Coidando de Min III. Este programa está subvencionado pola Secreatría Xeral de Igualdade e polo programa operativo FSE 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.3, obxectivo específico 9.3.1 e estase a desenvolver dende o 1 de xaneiro de 2019 ata o 31 de xullo de 2019
Coa realización deste programa pretendemos conseguir que as mulleres participantes continúen mellorando e afianzando a seguridade en sí mesmas, melloren no coñecemento da enfermdiade mental que padecen, melloren e/ou manteñan a súa integración na comunidade, adquiran ou melloren estratexias que lles permitan afrontar situacións adversas, manter e/ou aumenten a súa rede social de apoio e prestarlles apoio naquelas situacións que o precisen.