A asociación de axuda ó enfermo mental A Mariña celebra os segundo xogos olímpicos

TerraChaXa | AMariñaXa
4 Abr 2019

Con motivo da celebración do Día Internacional do Deporte, a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental Á Mariña, recada ós seus atletas para participar, por segundo ano consecutivo, nos  Xogos Olímpicos.
A actividade terá lugar o próximo 4 de abril do 2018 no pavillón de San Román,  a partir das 11:00 horas e nela participarán 65 persoas.
Ás 11:30 horas, procederemos ó encendido da chama olímpica e faremos unha presentación de todos os equipos participantes que vestirán cunhas camisetas de cores. Todos unidos nun gran equipo, ainda que rivais nesta ocasión, defenderán a súa cor na xornada de xogo ,que contará con nove probas: Carreira de sacos, o Salto máis grande, Carreira de relevos, Atínalle ó aro, Carreira de ovos, Quen corre máis, ovos olímpicos, aros olímpicos, globos voadores, goleador , compañeiros de canicas e voa o disco, onde os equipos deberán loitar por acadar a puntuación máxima de cada proba.
Despois dunha mañá chea de xogos, todos os participantes comerán un merecido xantar no pavillón deportivo e disfrutarán cos seus compañeiros da experiencia vivida.
A actividade física, desencadea beneficios de mellora da autoestima, socialización e ansiedade; por iso, considérase o deporte como un campo moi importante para fomentar a calidade de vida diaria.
O deporte, ofrece, novas oportunidades para a recuperación de persoas con enfermidade mental, construindo unha imaxen positiva e deixando atrás ideas e creencias erróneas sobre este colectivo. Considérase un componente importante e beneficioso xa que constistúe unha maneira de cubrir as necesidade básicas e de favorecer o benestar físico, emocional e social.
Para rematar, ás catro da tarde, será a entrega dos trofeos e coñecer o nome do equipo gañador.
Dende A Mariña queremos resaltar a importancia do efecto positivo da actividade deportiva na calidade de vida das persoas con transtornos mentais e, para iso, celebrarémolo  con esta xornada única e especial.

0.04819917678833