A asociación de Cabreiros organiza unha viaxe pola Ribeira Sacra

TerraChaXa
A asociación de veciños de Cabreiros organizou unha viaxe á Ribeira Sacra que terá lugar o día 8 de outubro, sábado.
ribeira sacra
20 sep 2022

A asociación de veciños de Cabreiros organizou unha viaxe á Ribeira Sacra que terá lugar o día 8 de outubro, sábado, con saída da vila ás 9.00 horas, diante da escola.

Os participantes percorrerán o Miradoiro do Duque, localizado no río Sil, onde o val acada unha caída case vertical. Tamén visitarán a adega Petrón, con degustación de viños acompañada de pinchos da zona.

Tralo xantar, terá lugar a ruta polos viñedos en tren polos canóns do Sil.

O prezo da excursión é de 37 euros para socios e dez euros máis para os non socios e o prezo inclúe bus, entradas e xantar.

O último día para anotarse é o 2 de outubro.

 

As persoas que desexen inscribirse nas rutas poden facelo chamando aos teléfonos 619 547 072 ou 686 104 780.

0.17753601074219