A Asociación de Comarcas Mineras solicitará modificacións no reparto dos fondos de transición

TerraChaXa
A Asociación de Comarcas Mineras (ACOM), da que forma parte o Concello das Pontes, celebrou unha reunión da súa Comisión Permantente co obxectivo reforzar o papel do municipio pontés dentro dunha entidade, con voz propia e que  actúa como interlocutor válido co goberno central Valentín González Formoso, que actuou como afitrión, quixo remarcou a importancia de que este encontro se celebrase en As Pontes.
A Asociación de Comarcas Mineras solicitará modificacións no reparto dos fondos de transición
10 Feb 2020

A Asociación de Comarcas Mineras (ACOM), da que forma parte o Concello das Pontes, celebrou unha reunión da súa Comisión Permantente co obxectivo reforzar o papel do municipio pontés dentro dunha entidade, con voz propia e que  actúa como interlocutor válido co goberno central

Valentín González Formoso, que actuou como afitrión, quixo remarcou a importancia de que este encontro se celebrase en As Pontes. “Estamos nun momento difícil, pero con retos apaixoantes, e temos que traballar en moi distintos escenarios  para non deixar a ninguén atrás e lograr unha transición enerxética xusta. Falar en As Pontes do estado actual das comarcas mineiras e das prespectivas de futuro, explicar as liñas de axudas estatales e europeas, das súas bases, das súas convocatorias..consideramos que é fundamental”.

Un dos principais temas centrais deste encontro foi a proposta do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establece o regulamento do Fondo de Transición Xusta. Os membros de ACOM acordaron solicitar a Europa, nunha reunión prevista para finais de marzo, a incorporacin de diferentes modificacións a este documento.

Propostas que se refiren, por unha banda, ao ámbito temporal lexible xa que os territorios españois en transición remóntanse a antes do ano 2010 e “non se pode castigar a países que cumplen co peche  de minas” .

E por outra banda, tamén van solicitar que exista unha discriminación territorial positiva para a captación de inversión privada así como coñecer todos os criterios que se van aplicar para o reparto dos fondos para que éste sexa transparente.

A representante do Ministerio remarcou que “o reparto non é especialmente bó para España e é un dos elementos que hai que negociar coa forza que require. Tanto os fondos europeos como os fondo comprometidos polo goberno de España para realizar unha transición xusta son importantítismos para a construcción do futuro de zonas que contribuiron á nosa historia económica e ao desenvolvemento do país e que non podemos abandoar”.

Nesta reunión, que se celebrou por primeira vez en Galicia, estiveron presentes 22 alcaldes e alcaldesas de zonas mineiras, tamén se acordou a creación dunha comisión específica para abordar a situacións dos municipios con centrais térmicas, por que “a súa situación é peculiar e é preciso reforzar a unión, trallabar de forma conxunta e rápida para dar resposta a temas que son urxentes”.

0.16420292854309