A asociación de criadores de Ovino e Caprino de Galicia presenta o receitario de cociña polo seu 25º aniversario

TerraChaXa | AMariñaXa
O voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, participou este venres, xunto ao Concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro Villares, e a Directora Técnica da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), Noelia Ron Vega, na presentación do libro de receitas que a agrupación saca á rúa con motivo da celebración do seu 25º aniversario.
CARTEL III ANDAINA POLA IGUALDADE
1 Apr 2019

O voceiro do Goberno Provincial, Álvaro Santos Ramos, participou este venres, xunto ao Concelleiro de Desenvolvemento Sostible de Lugo, Daniel Piñeiro Villares, e a Directora Técnica da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), Noelia Ron Vega, na presentación do libro de receitas que a agrupación saca á rúa con motivo da celebración do seu 25º aniversario. No acto, que transcorreu na Praza de Abastos, realizouse unha degustación da empanada de cabrito de Pastores de Galicia, receita tradicional da cociña galega que recolle tamén o manual, co fin poñer en valor as carnes de cabra e de año, amosar a súa versatilidade na cociña e incrementar así o seu consumo. O sector conta na provincia coa maior porcentaxe de produtores de Galicia.

O libro recolle 6 receitas, 3 delas elaboradas, entre outros ingredientes, con carne de cabrito e 3 con carne de cordeiro, ambas as dúas co selo de calidade de Pastores de Galicia, a única marca de garantía que recoñece e certifica a calidade da carne de cordeiro e cabrito producidas en Galicia. O distintivo avala a crianza de cabritos e cordeiros por gandeiros galegos, asociada ao aproveitamento de recursos naturais, mediante o pastoreo das nais e a alimentación das crías a base de leite materno e cereais, servindo ao consumidor como acreditación de orixe e seguimento do produto, seguridade alimentaria e benestar animal.

Ademais, un total de 5 establecementos da provincia decidiron introducir nas súas cartas pratos elaborados con cabrito e cordeiro, co fin de promover o seu consumo entre a cidadanía. Estes son o Restaurante Suso, en Castro de Rei; Horta da Paula, en Mondoñedo; Restaurante Roma, en Sarria; Paprica e Mesón Crecente en Lugo.   

A Deputación mantén unha estreita colaboración con Ovica, cunha achega que supera os 21.000 euros, xa que no territorio lucense hai máis de 6.000 explotacións de gando ovino e cabrún, o que representa un 30% do total de Galicia, máis de 20.000, o que dá mostra da importancia deste sector na provincia. Ovica é unha asociación que ten como obxectivo desenvolver o sector ovino e caprino, co fin de que sexa un elemento dinamizador do territorio e actúe como intermediario e colaborador do desenvolvemento económico e social.

Actualmente, agrupa a un gran número de explotacións de ovino e caprino, 191 socios gandeiros en toda Galicia, dos que 87 son lucenses. En total, hoxe están asociadas máis de 45.000 cabezas reprodutoras, que representan arredor do 20% do total do censo destes animais en Galicia.

O colectivo tamén realiza labores de prestación de servizos especializados como solicitudes de axudas en común, apoio técnico e profesional, asesoramento dos membros asociados, formación, así como organización de xornadas formativas.

Colaboración do SdeA

Con motivo da celebración do seu cuarto de século de vida, a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia presentou o vídeo do 25º Aniversario de Ovica, que patrocina a Deputación e que se realizou coa colaboración do Servizo de Audiovisuais (SdeA). A curtametraxe recolle a traxectoria da agrupación a través dos testemuños de distintas persoas comprometidas con ela, tales como socios fundadores ou técnicos, que falarán dos 25 anos de vida desta asociación.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17474913597107