A asociación de empresarios de Meira terá a súa primeira reunión mañá

TerraChaXa
A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira comunica que o vindeiro xoves 6 ás 20.
5 Ago 2020

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Autónomos de Meira comunica que o vindeiro xoves 6 ás 20.30 horas  celebrará na casa da cultura a súa primeira asemblea xeral.

Esta será de carácter extraordinario e nela explicaranse os pasos dados ata rexistrar de novo a entidade na Xunta e tamén se informará sobre a inscrición dos socios, os estatutos e o estado de contas.

Ademais, presentaranse e votaranse as candidaturas á presidencia e informarase sobre as actividades que se pretenden facer nun futuro.

0.14740610122681