A Asociación de Empresarios de Muimenta repartiu premios durante o Nadal
A xunta directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, informou de que durante a X Mercado de Nadal repartironse trece mil rifas entre todos os clientes que tiveron os 23 negocios que participaron nesta edición.
O premio gordo da lotería de Reis recaeu no número 37.142. Polo tanto, as trece papeletas que se repartiron, rematadas en 142, son agraciadas, cun vale de 100 euros a cada unha delas, tendo a seguinte distribución:
142 Óptica Filo, 1.142 Ferretería Muimenta, 2.142 Mercedes Abelleira Riveiro, 3.142 Perruquería Ofelia, 4.142 Panadería Hermo, 5.142 Panadería Hermo, 6.142 Super Setti, 7.142 Super Setti, 8.142 Asesoría Suliña, 9.142 Fisioterapia Nancy, 10.142 Piensos Germán Naval Lage - Agrobiona, 11.142 Perruquería Velica, e 12.142 Supermercado A Tenda de Teo.
Os agraciados teñen que poñerse en contacto, ata o vindeiro martes 15 de xaneiro, cos negocios que repartiron as papeletas gañadoras ou cos membros das xunta directiva para facer efectivo os correspondentes vales.
Os trece premios teñen que gastarse antes do mes (dende a súa entrega) nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial de Muimenta. É en total, suman 1.300,00 euros, ademais de que tan só poderán facerse efectivos unha vez que se produzca a súa entrega oficial.