A Asociación de Empresarios de Vilalba resolve os sorteos da campaña Comercio na Rúa 2025

TerraChaXa
Os premios poderán recollerse a partir do 2 de setembro no local do colectivo
Comercio-na-rúa-Vilalba
30 Aug 2025

A Asociación de Empresarios de Vilalba anunciou a resolución dos sorteos da campaña Comercio na Rúa 2025, que contou cunha ampla participación veciñal. En total rexistráronse 2.134 papeletas, unha cifra que, segundo a entidade, reflicte a excelente acollida da iniciativa entre a veciñanza.

As gañadoras dos catro vales de compra, valorados en 50 euros cada un, son Marta Portela, María Ángeles Montes, Eva García Martínez e Natalia Fuentes. Os premios poderán recollerse a partir do 2 de setembro no local da Asociación, en horario de 9:30 a 15:30 horas de luns a venres, e deberán canxearse antes do 30 de setembro.

Desde a entidade empresarial destacan a súa satisfacción pola elevada participación e trasladan o agradecemento a todos os clientes que se implicaron na campaña. Ao mesmo tempo, avanzan que xa se está a traballar en novas propostas co obxectivo de seguir apoiando e dinamizando o comercio local.

⚙ Configurar cookies
0.38823986053467