A Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas de Cospeito organiza o seu tradicional xantar de inverno

A Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas de Cospeito celebrará o vindeiro sábado 31 de xaneiro de 2026 o seu xantar de inverno, unha cita xa habitual no calendario social da comarca. O encontro terá lugar no restaurante Paz y Ana, situado no concello de Begonte, e dará comezo ás 14.00 horas.
O menú estará baseado nun cocido tradicional, pensado para compartir unha xornada de convivencia arredor da gastronomía típica do inverno. A celebración contará tamén con música en directo, co obxectivo de crear un ambiente festivo e favorecer a participación e o encontro entre as persoas asistentes.
O prezo do xantar será de 35 euros para as persoas socias da asociación e de 40 euros para as non socias. O prazo para anotarse permanecerá remata este martes, 20 de xaneiro. Desde a organización indícase que aquelas persoas que precisen transporte poden poñerse en contacto coa directiva para facilitar a súa asistencia.
A Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas anima á veciñanza a participar nesta actividade, que busca reforzar os lazos sociais, poñer en valor as tradicións e ofrecer un espazo de encontro e lecer no ámbito rural.