A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza organiza clases de teatro

A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza ofrece clases de teatro a cargo do actor Guillermo Cancelo no salón de actos do concello da Pastoriza. As clases desenvolveranse en horario de 20:30 a 22:30 horas, un día da semana aínda por concretar, e están abertas a todas as persoas interesadas.
Para poder participar, é necesario formar un grupo mínimo de 10 persoas. O prezo da actividade será de 35 euros ao mes para non socios e 30 euros para socios. As inscricións están abertas ata o 10 de novembro, e as persoas interesadas poden poñerse en contacto con Sonia (630 32 16 55) ou Sandra (659 03 21 94).
Esta actividade está aberta a todo o público e conta coa colaboración do Concello da Pastoriza.