A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza organiza unha viaxe cultural a Padrón

A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza prepara unha nova saída cultural para o sábado 3 de maio de 2025, desta volta con destino ao concello coruñés de Padrón, nunha xornada chea de propostas culturais e gastronómicas.
A saída está prevista para as 8:45 horas desde a praza do Concello e o regreso estimado será arredor das 21:00 horas. O programa inclúe visitas á Casa Museo de Rosalía de Castro, ao Xardín Botánico de Padrón e ao Convento de San Antonio de Herbón, ademais dun xantar no Hotel Scala da localidade.
O prezo da actividade, que inclúe bus, comida e entradas, será de 25 euros para persoas socias e menores de 12 anos, e de 35 euros para non socias.
As persoas interesadas deberán inscribirse e facer o pago antes do 23 de abril, mediante transferencia ou ingreso na conta da asociación (BBVA).
Para máis información, a organización pon a disposición os teléfonos 630 32 16 55 e 659 03 21 94.
A iniciativa conta coa colaboración da Deputación de Lugo a través da área de Cultura.