A Asociación de Nete organiza cursos a partir de outubro

TerraChaXa
O prazo para anotarse remata este luns, 30 de setembro
cursos-nete
29 sep 2024

A Asociación de veciños de San Cosme de Nete celebrará en outubro unha serie de cursos e obradoiros que darán comezo a primeira semana de mes.

Así, impartirase cursos de pandeireta, batucada e percusión tradicional, que terán lugar polas tardes. Así mesmo haberá outro de ximnasia de mantemento, gancho e encaixe de bolillos, tamén polas tardes.

Finalmente, abrirán outros talleres de baile tradicional e de salón, que serán tanto pola mañá como pola tarde.

Os cursos de acordeón para nenos e as clases de baile de salón aínda teñen o horario por determinar entre profesor e alumnos.

Para estes cursos o prazo para inscribirse será antes do 30 de setembro e as persoas que o desexen, poden anotarse no teléfono de Gelu (646 006 167).

0.14733815193176