A Asociación de Nete organiza numerosos cursos a partir de outubro

TerraChaXa
O prazo para anotarse remata este martes, 30 de setembro
ximnasia-maiores
28 Sep 2025

A Asociación de Veciños San Cosme de Nete, en Vilalba, abre o prazo de inscrición para os cursos e actividades que se desenvolverán entre a segunda semana de outubro de 2025 e maio de 2026. O período para apuntarse estará aberto ata o 30 de setembro, ofrecendo unha ampla variedade de propostas culturais, artísticas e deportivas dirixidas a todas as idades.

Entre as actividades programadas atópanse clases de canto con iniciación á polifonía e acordeón, ambas impartidas por Andrés Penabad; baile de salón a cargo de Chavi Paz e baile tradicional galego para nenos, nenas e persoas adultas, con Xabi Iglesias e Belén Fernández. Tamén haberá cursos de gaita con Ángel Sendín e percusión tradicional —pandeireta, tamboril e bombo— con Sara Coello, distribuídos en diferentes grupos segundo idades e niveis.

A oferta complétase con clases de encaixe de bolillos con Juani García, ganchillo con Pili Villar, ximnasia de mantemento con Miguel del Río e Jenni, e pilates con Jenni. Ademais, está prevista a organización dun grupo de batucada, pendente de fixar a súa data de inicio.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a inscrición a través do teléfono 646 006 167, tamén dispoñible para mensaxes de WhatsApp. A Asociación anima á veciñanza a sumarse a estas actividades, subliñando que nunca é tarde para aprender, compartir e gozar en comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.087936162948608