A asociación de Pino convoca de novo o concurso de debuxo e o de caligramas
A Asociación Recreativa Cultural de San Martiño convoca unha nova edición do Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba e do III Certame de Caligramas Constanza de Castro, ambos en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es co fin de reivindicar a relevancia histórica e cultural da Torre.
O Certame de Caligramas Constanza de Castro ten como obxectivo reivindicar a relevancia histórica e cultural deste emblema da Chaira, ademais de promover a creación artística. O obxectivo será crear debuxos con textos.
Neste concurso poderán participar todas as persoas maiores de 12 anos cunha única obra que será en formato e temática libres.
Para os menores de 12 anos está previsto o I Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba con formato e temática libres.
O prazo de presentación para ambos os dous rematará o 8 de outubro e esta farase no correo electrónico asociacionpino@gmail.com que se enviará en sobres respectando o anonimato do concursante.
O premio consistirá en senllos diplomas e 200 euros para o gañador e 100 para o segundo no caso dos caligramas e diploma e lote de material de debuxo para os pequenos.
Os premios repartiranse durante a celebración dunha nova edición do Magosto Cal da Loba pero o fallo do xurado darase a coñecer con anterioridade, o 28 de outubro.