A asociación de Pino convoca o concurso de debuxo e o de caligramas

TerraChaXa
O prazo de presentación para ambos os dous rematará o 13 de outubro
concurso-caligramas-debuxo-pino
concurso-caligramas-debuxo-pino
7 Xul 2024

A Asociación Recreativa Cultural de San Martiño convoca unha nova edición do Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba e do IV Certame de Caligramas Constanza de Castro, ambos en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es.

O Certame de Caligramas Constanza de Castro ten como obxectivo reivindicar a relevancia histórica e cultural deste emblema da Chaira, ademais de promover a creación artística. O obxectivo será crear debuxos con textos.

Neste concurso poderán participar todas as persoas maiores de 12 anos cunha única obra que será en formato e temática libres.

Para os menores de 12 anos está previsto o IV Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba con formato e temática libres.

O prazo de presentación para ambos os dous rematará o 13 de outubro e esta farase no correo electrónico asociacionpino@gmail.com que se enviará en sobres respectando o anonimato do concursante.

O premio consistirá en senllos diplomas e 200 euros para o gañador e 100 para o segundo no caso dos caligramas e diploma e lote de material de debuxo para os pequenos.

Os premios repartiranse durante a celebración dunha nova edición do Magosto Cal da Loba pero o fallo do xurado darase a coñecer con anterioridade, o 26 de outubro.

0.12552905082703