A asociación de Pino convoca o quinto concurso de caligramas

A Asociación Recreativa Cultural de San Martiño convoca unha nova edición do V Certame de Caligramas Constanza de Castro, en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es.
O Certame de Caligramas Constanza de Castro ten como obxectivo reivindicar a relevancia histórica e cultural deste emblema da Chaira, ademais de promover a creación artística. O obxectivo será crear debuxos con textos.
Neste concurso poderán participar todas as persoas maiores de 12 anos cunha única obra que será en formato e temática libres.
O prazo de presentación rematará o 12 de outubro e esta farase no correo electrónico certamespino@gmail.com que se enviará en sobres respectando o anonimato do concursante. O premio consistirá en senllos diplomas e 200 euros para o gañador e 100 para o segundo.
Os premios repartiranse durante a celebración dunha nova edición do Magosto Cal da Loba pero o fallo do xurado darase a coñecer con anterioridade.