A asociación de Pino organiza o Camiño de Santiago inglés en 6 etapas
TerraChaXa
A Asociación San Martiño de Pino, en Cospeito, organiza unha nova edición do Camiño de Santiago, nesta ocasión para percorrer o Camiño Inglés.
16 Feb 2024
A Asociación San Martiño de Pino, en Cospeito, organiza unha nova edición do Camiño de Santiago, nesta ocasión para percorrer o Camiño Inglés.
Será todos os domingos a partir do 3 de marzo e estará dividido en seis etapas.
Sairase ás 8.00 horas dos puntos habituais e en cada sesión inclúese bus e xantar.
Esta actividade está organizada en colaboración coa Asociación Veciñal O Cruceiro de San Pedro de Seixas. Ten un prezo de 35 euros para os socios e de 40 para os non socios.
O prazo para inscribirse remata o 23 de febreiros e para realizarse deberá haber un mínimo de 17 persoas.