A asociación de Pino organiza unha ruta e un xantar o domingo 28
TerraChaXa
Será un percorrido de 6 quilómetros pola propia parroquia visitando as madorras
Cartel
21 Xul 2024
A Asociación de San Martiño de Pino organizou para o próximo domingo, 28 de xullo, unha excursión pola Ruta das Madorras, que se realiza pola parroquia de Pino.
Esta terá a súa saída na área recreativa de Porto, as 10.30 horas, para percorrer uns 6 quilómetros guiados por José Manuel Pena Regueiro. O tempo estimado é de 2,5 horas, tralas que se celebrará un xantar aberto á veciñanza na propia área recreativa.
Para rematar haberá unha foliada.
A organización lembra que os que desexen participar no xantar deberán levar a súa propia comida.