A asociación de ponteses emigrados a Cuba cambia a directiva
A Asociación Hijos do Concello da Golada e As Pontes radicada en Cuba celebrou a súa xunta xeral.
Coa presenza da nova presidenta e outros membros da actual xunta directiva destas prestixiosas asociacións Galegas fundadas en Cuba, foi celebrado o encontro da xunta directiva cos 337 asociados deles 91 cidadáns españois de primeira e segunda xeración e tres nados en Galicia, entre eles, Xosefina Guerreiro natural da Golada, así como tamén José García Cabarcos, natural das Pontes de García Rodríguez e presidente desta institución non gobernamental galega da Habana ata o pasado ano.
A nova xunta directiva está composta por: presidenta Maria Elena Martínez Iglesias, vicepresidenta Isabel Garrido García, secretario Jorge Roberto Valdez Carboeiro, tesoureiro Carlos Venet Galdós, vice secretaria Pilar Fernández Rodríguez, vice tesoureiro Mirian Negrín López.
É bo coñecer que A Sociedade A. Golada fúndase en 1912, e en 1987 fusiónase coa sociedade Naturais do Concello das Pontes.
Acordo ao Plan de Actividades para 2023, serán dúas xuntas xerais de asociados nos meses de xaneiro e xullo, 4 xuntas directivas, febreiro, xuño, setembro e decembro. Unha actividade do comite de damas, maio, 3 actividades culturais marzo, agosto e decembro, semana de cultura galega e outras que programe as federacións españolas e Ademais, doutras actividades asociativas orientadas pola Agrupación de Sociedades Municipais e Comarcais de Galicia en Cuba.