A asociación de San Martiño de Pino organiza cursos de costura e pandeireta

A asociación San Martiño de Pino prepara xa o novo curso e anunciou a celebración de dúas actividades para as que xa está aberto o prazo de inscrición.
Trátase dun curso de pandeireta, que se celebrará todos os sábados, de 12.00 a 13.00 horas no local social da Escola de Pino.
Ademais, haberá costura todos os sábados, tamén, de 11.00 a 13.00 horas, no local social da escola.
O prezo da formación, nos dous casos, é de 15 euros para os non socios. Para os membros do colectivo a costura será de balde e a clase de pandeireta terá un prezo de 10 euros.