A Asociación de San Martiño de Pino organiza un taller para crear coroas de Nadal

TerraChaXa
O obradoiro estará impartido por Sandra Rivas, de Nedixa Creativa, e desenvolverase no Local Social Escola de Pino
taller-nadal-pino
24 Nov 2025

A Asociación Recreativa e Cultural de San Martiño de Pino prepara para o sábado, 29 de novembro, un taller dedicado á creación de coroas de Nadal, unha proposta pensada para dar inicio ás decoracións propias destas datas mediante unha actividade creativa e participativa.

O obradoiro estará impartido por Sandra Rivas, de Nedixa Creativa, e desenvolverase no Local Social Escola de Pino entre as 16:00 e as 18:00 horas. Todas as persoas participantes poderán elaborar a súa propia coroa decorativa, xa que os materiais necesarios estarán incluídos.

A organización destaca que se trata dunha ocasión perfecta para mergullarse no ambiente do Nadal e confeccionar unha creación única e personalizada. O taller está aberto tanto a persoas socias como non socias da entidade cun prezo de 50 euros no prieiro caso e de 55 no segundo.

Desde a asociación sinalan que este tipo de actividades contribúen a dinamizar a vida cultural e social da parroquia, promovendo espazos de aprendizaxe, encontro e creatividade antes do comezo das festas.

⚙ Configurar cookies
0.077885866165161