A asociación de Sancovade abre o prazo de inscrición para as actividades de inverno
A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade en Vilalba presenta o seu programa de actividades para este 2023 e 2024.
Este ano haberá cursos de bolillos, memoria, gaita e pandeireta, baile, restauración e costura. Haberá tamén obradorios de micoloxía, cerámica, defensa persoal, poda, ganchillo e robótica.
Entre as festividades destacamos o magosto e o entroido, así como diferentes comidas e excursións que se realizarán durante o inverno.
Tamén, este ano, organizaranse os torneos anuais de tute e fútbol convocando, un ano máis, ós seareiros da zona. Non faltará a tradicional ruta de sendeirismo.
Para todos os cursos é necesario un mínimo de persoas. Os obradoiros serán de curta duración e os cursos realizaranse de outubro a maio. O pagamento das actividades realizarase o primeiro día do mes, debendo aboar dúas mensualidades o primeiro de mes.