A asociación de Sancovade impartirá varios cursos a partir de outubro

A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade en Vilalba inicia en outubro dous cursos dirixidos á veciñanza. Así, comezarán o día 5 de outubro cun curso de costura, que se desenvolverá os domingos de 10.30 a 12.30 horas cun prezo de 22 euros socios e 27 euros os non socios.
Tamén o día 13 de outubro comezará un curso de bolillos, que se desenvolverá todos os luns de 17.00 a 19.00 horas. Ten un prezo de 24 euros para socios e de 30 para non socios.
Ademais, os xoves, a partir das 20.00 horas, haberá clases de gaita e percusión a cargo de Árdelle o Eixo. Tamén se oferta baile tradicional para os martes á tarde a un prezo de 25 euros socios e 30 non socios.
Poden anotarse nos teléfonos 698 185 859 e no 651 478 916 ou a través das redes sociais da asociación para os de costura e bolillos e no 615 242 841 e 651 478 916 para os outros dous.