A asociación de Sancovade impartirá varios cursos a partir de outubro
A Asociación de Veciños Santiago de Sancovade en Vilalba inicia en outubro numerosos cursos dirixidos á veciñanza. Así, comezarán o día 6 de outubro cun curso de costura, que se desenvolverá os domingos de 10.30 a 12.30 horas cun prezo de 22 euros socios e 27 euros os non socios.
O día 4 comezarán as clases de baile, que serán todos os mércores de 21.00 a 22.00 horas cun prezo de 25 euros socios e 30 os non socios. Tamén o día 14 de outubro comezará un curso de bolillos, que se desenvolverá todos os luns de 17.00 a 19.00 horas.
Ademais, os xoves, a partir das 20.00 horas, haberá clases de gaita e percusión a cargo de Árdelle o Eixo.
Estas actividades teñen un prazo de inscrición que remata o 25 de setembro. Poden anotarse nos teléfonos 698 185 859 e no 651 478 916 ou a través das redes sociais da asociación.