A asociación de veciños de Nete inicia o día 1 os cursos veciñais

TerraChaXa
A asociación de veciños de San Cosme de Nete comezará en outubro as actividades de acordeón, pandeireta, gaita, ganchillo e encaixe.
encaixe bolillos
20 sep 2021

A asociación de veciños de San Cosme de Nete comezará no mes de outubro as súas actividades habituais e "sempre que o permitan as normas sanitarias", indican dende a directiva. O prazos de inscrición estarán abertos ata finais de semana.

Así, habera curso de acordeón, de pandeireta, de gaita, de ganchillo e de encaixe de boliños. No de acordeón as clases serán individuais cunha duración de 45 minutos, ademais da sesión colectiva para tocar en grupo. Está pendente de horario á espera do número de interesados.

En pandeireta as clases serán os martes, tamén de 45 minutos e distribuiranse nun grupo de nenos e de dous de adultos dependendo o nivel.

As clases de gaita serán os venres de 19.30 a 21.00 horas comezando o día 1. Tamén os venres e comezando o día 1 serán as clases de encaixe, pero o horario será de 16.30 a 19.30 horas.

En ganchillo os días de curso serán os martes en horario de tarde e a duración do mesmo dependerá do número de interesados sendo os grupos dun máximo de 12 persoas. Faranse varias quendas se o número é maior.

Os interesados en apuntarse poden facelo a través dos contactos habituais da asociación ou mesmo a través de Facebook enviando mensaxe privada.

0.17637991905212