A asociación de veciños de Nete pecha o mércores a inscrición as súas actividades
TerraChaXa
A asociación de veciños de San Cosme de Nete comezará en outubro as actividades de acordeón, pandeireta, gaita, ganchillo e encaixe.
27 sep 2022
A asociación de veciños de San Cosme de Nete comezará no mes de outubro as súas actividades habituais polo que o prazo de inscrición remata este mércores, 28 de setembro.
Así, haberá curso de acordeón, de pandeireta (para nenos e adultos), de gaita (iniciación e perfeccionamento) e de percusión tradicional para tamboril e bombo.
Ademais continuarán coas de baile tradicional tamén nas dúas categorías de iniciación e perfeccionamento para adultos e unha de iniciación de nenos.
Xa fóra da música haberá curso de ganchillo, de encaixe de boliños e batukada.
Os interesados en apuntarse poden facelo a través dos contactos habituais da asociación ou mesmo a través de Facebook enviando mensaxe privada.