A Asociación de Xubilados de Guitiriz organiza unha viaxe á fronteira galaico-lusa do 25 ao 27 de marzo

TerraChaXa
O último día incluirá almorzo e xantar no establecemento hoteleiro e unha visita ás murallas de Valença
excusion-baiona-e-valenca
9 Mar 2026

A Asociación de Xubilados de Guitiriz promove unha excursión de tres días á fronteira entre Galicia e Portugal os vindeiros 25, 26 e 27 de marzo, cun programa que inclúe visitas culturais, actividades de lecer e estancia en réxime de pensión completa por 199 euros.

A viaxe realizarase en autocar e contempla dúas noites no hotel El Molino da Guarda. Durante a primeira xornada, o grupo visitará Vila Praia de Âncora e ascenderá ao miradoiro do Monte Calvario, con regreso posterior ao hotel para cea e baile.

No segundo día, a expedición desprazarase ata Viana do Castelo para coñecer a cidade e o templo de Santa Lucía, ademais de gozar dun xantar nunha quinta portuguesa cun menú tradicional. A xornada completarase cunha tarde de baile e animación musical, merenda típica e cea no hotel con queimada.

O último día incluirá almorzo e xantar no establecemento hoteleiro e unha visita ás murallas de Valença, onde os participantes poderán pasear e realizar compras antes do regreso a Guitiriz.

As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información e formalizar a reserva no teléfono 696 487 522.

0.12179803848267