A Asociación Deportiva Río Ouro pide unha grada no campo de fútbol do Árbol, no Valadouro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Out 2020

O deputado do Deportes Efrén Castro reuniuse esta mañá no Valadouro coa directiva da Asociación Deportiva Río Ouro, que lle expuxeron a necesidade de dotar dunha grada o campo de fútbol sintético do Árbol.

Segundo explicaron, trataríase de construír unha grada con capacidade para un cento de persoas, para uso do público que se achega ao campo para seguir os adestramentos e os encontros dos equipos de base da entidade. Ademais, pediron a instalación de protectores no sistema de rego que sobresae na contorna do céspede.

Efrén Castro comprometeu a financiación da área de Deportes “para facer a obra que demandan desde a Asociación Deportiva Río Ouro e contribuír a que as instalacións ofrezan as mellores condicións posibles tanto para os nenos e nenas que empregan o campo como para as familias e afeccionados que os acompañan”. “Unhas infraestruturas seguras e que respondan as necesidades dos usuarios e usuarias facilitan a práctica do deporte, sobre todo nas categorías de base”, valorou o deputado durante o encontro, ao que tamén asistiron os concelleiros nacionalistas Eduardo Chao e Eliseo Teijeiro.

A Asociación Deportiva Río Ouro  xurdiu tras a desaparicién da Sociedade Deportiva Valadouro, para dar continuidade ao deporte de base no concello. Conta con preto de 60 nenos e nenas, desde biberón ata cadete. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 577

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 578
0.079916000366211