A Asociación Española Contra o Cancro celebra a súa XI cea benéfica en Guitiriz o 28 de marzo

A xunta local da Asociación Española Contra o Cancro en Guitiriz organiza o vindeiro 28 de marzo a súa XI Cea Benéfica, unha cita solidaria que se celebrará ás 21:00 horas no restaurante La Casilla co obxectivo de recadar fondos para apoiar a investigación e os servizos que presta a entidade.
O prezo da cea será de 25 euros para persoas adultas e de 18 euros para menores de ata 12 anos incluídos. As entradas poderán recollerse no local da asociación, situado na Rúa do Concello, 9, 27300.
Ademais, habilítase a posibilidade de colaborar a través da chamada mesa cero, unha fórmula que permite achegar o importe da cea como xesto solidario sen necesidade de asistir ao evento. Con esta iniciativa, a organización busca implicar á veciñanza nunha causa que cada ano suma apoios no municipio.