A Asociación Feminista de Vilalba proxectará o documental 'Volar'

TerraChaXa
A Asociación Feminista de Vilalba, dentro das actividades previstas arredor do día 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación das Violencias Machistas, levará a cabo a proxección do documental Volar, obra dirixida por Bertha Gaztelumendi e producida polo Instituto Vasco da Muller (Emakunde).
Captura de pantalla 2019 09 18 a las 13.45.47
13 Nov 2019

A Asociación Feminista de Vilalba, dentro das actividades previstas arredor do día 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación das Violencias Machistas, levará a cabo a proxección do documental Volar, obra dirixida por Bertha Gaztelumendi e producida polo Instituto Vasco da Muller (Emakunde). 

O documental vén de ser premiado no Annual Copenhagen Film Festival na categoría de Mellor documental estranxeiro e foi presentado no Festival de Cine de San Sebastián na edición do 2017. 

A obra trata de nove mulleres, cun pasado de violencia de xénero, comparten unha fin de semana no campo, apartadas da súa vida cotiá. Trátase de mulleres de distintas idades e profesións pero capaces de recoñecerse unhas nas outras sen necesidade de falar. Úneas a coraxe de terse enfrontado ao inferno desa violencia, de sobrevivir e de quererlle dar un sentido ao sufrimento que padeceron. Desta forma, poñen a disposición doutras mulleres e da sociedade o seu recorrido vital. 

Dende a asociación convidan a todas e a todos a asistir pois cren que “é unha obra que nos axudará a empatizar mellor coas mulleres que sofren violencia de xénero e no que tamén identificaremos as sinais dos inicios do maltrato, porque, ao contrario do que se pensa, non acostuma a comezar cunha labazada”. 

A actividade será de balde e terá lugar o vindeiro sábado ás sete da tarde no salón de actos do instituto Basanta Silva. 

Ademais, neste mes de novembro, a Asociación Feminista de Vilalba tamén puxo a andar o Club de lectura Feminista. A actividade é de carácter mensual e levase a cabo coa colaboración da Biblioteca Municipal de Vilalba. E, aínda que xa cubriron a totalidade das prazas que tiñan dispoñibles para o club, dan a posibilidade, a través do seu instagram de participar nun debate sobre a lectura do mes nos comentarios da publicación correspondente. A obra elixida este mes foi o libro Invisibles de Montse Fajardo que se atopa en préstamo na biblioteca. 

IMG 20190913 WA0002
0.13832688331604