A asociación Lucus fixo un curso sobre micoloxía en Outeiro de Rei
Outeiro de Rei acolleu un curso de micoloxía que estivo impartido por Julián Alonso Díaz, presidente da asociación micolóxica Lucus, o cal puido compartir ás persoas asistentes o seu coñecemento sobre o mundo dos fungos.
Acudiron ata 20 persoas para poder desfrutar dunha aprendizaxe sobre os fungos existentes na zona, ademais de poder conectar de primeira man coa natureza da zona.
Durante o desenvolvemento do curso, as persoas asistentes puideron aprender a identificar varios tipos de fungos, facendo fincapé sobre todo naqueles fungos non comestibles,
Ademais coñeceron a regulamentación para recolecta de fungos como por exemplo donde poder recoller fungos e a cantidade máxima (2kg por día e persoa) por lei.
Visitaron Pena de Rodas onde puideron avistar varios Lactarius Deliciosus, coñecido comunmente como níscalo ou rebellón.
Destacar que en comparación con outros anos a cantidade de fungos reduciuse con notoriedade. Para concluír, o curso levouse a cabo con éxito, convertido así a xornada nunha interesante e natural sesión de aprendizaxe no Concello de Outeiro de Rei.