A Asociación Motorista Lucense celebra seis anos de vida do motoclub

LugoXa | TerraChaXa
Rendeuse unha homenaxe especial a Luis Ramos Misioné, que foi nomeado novo socio de honra do colectivo
aniversario-motorclub-rabade
15 Dec 2025

Este domingo celebrouse en Rábade a tradicional comida homenaxe da Asociación Motorista Lucense (AML), unha cita que reuniu socios e simpatizantes para compartir unha xornada de convivencia, recoñecer o traballo desenvolvido e poñer en valor a traxectoria do colectivo.

O encontro serviu para destacar o orgullo polos logros acadados ao longo dos seis anos de vida do motoclub, así como para avanzar os novos retos e proxectos que a asociación xa ten en mente de cara ao ano 2026. Durante a xornada púxose de manifesto o bo momento que vive a afección polas motos na provincia de Lugo, en gran medida grazas ao compromiso, dinamismo e esforzo continuado de colectivos como a AML.

No transcurso do acto tamén se fixo entrega dos galardóns correspondentes aos éxitos da tempada, ademais de renderse unha homenaxe especial a Luis Ramos Misioné, que foi nomeado novo socio de honra da Asociación Motorista Lucense. A xornada concluíu como unha mostra de paixón polas motos, compañeirismo e impulso ao asociacionismo deportivo na provincia.

⚙ Configurar cookies
0.074801921844482