A asociación Músico Crisanto recibirá unha achega para a difusión musical

TerraChaXa
A asociación Músico Crisanto recibirá unha achega de 13.700 euros para conxugar a creación e a difusión musical coa promoción dos Camiños
concerto begonte sons e sonos musica crisanto
19 Xul 2021

A asociación Músico Crisanto recibirá unha achega de 13.700 euros para conxugar a creación e a difusión musical coa promoción dos Camiños. Esta asociación organizou onte o acto inaugural da segunda edición de Músicas para o Xacobeo e que consistiu nun concerto da banda Sons e Soños e a narración de lendas, historias e poemas relacionadas co Camiño.

Con esta achega e ata o remate do mes de setembro, sucederanse as propostas musicais neste municipio así como en Outeiro de Rei, Friol, Vilalba e Lugo, divulgando pezas do repertorio tradicional galgo e de novos creadores ao tempo que se promocionan os valores do Camiño.

A iniciativa prevé a encomenda a músicos galegos de obras orixinais que axuden á promoción e divulgación do Camiño e o seu patrimonio, ás que este ano se suma a gravación dun documental. Tamén se celebrarán obradoiros de formación, especialmente dirixidos á mocidade, un intercambio internacional cunha banda de música e cinco concertos, entre outras actividades.

0.15382194519043