A asociación Nausti organiza unha excursión ás Rías Baixas o último domingo de setembro

A Asociación Cultural Nausti, en Vilalba, organiza unha excursión ás Rías Baixas o domingo 28 de setembro. A cita inclúe unha visita a Combarro, un xantar nun furancho, viaxe en catamarán con degustación a bordo e unha visita ao Grove.
O prezo, que abarca o transporte, almorzo, xantar e seguro de viaxe, será de 55 euros para os que sexan socios da asociación e de 60 euros para os que non o sexan.
Todo o que queira asistir, ten ata o 17 de setembro para inscribirse chamando ao teléfono de Veva (625 521 113). No momento da inscrición debe realizarse o pago.