A asociación Nordés Faladora do Vicedo crearon 'Parola(r)'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
6 Abr 2020

A Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés do Vicedo quere axudar nesta crise sanitaria ofrecendo apoio telefónico a aquelas persoas que están a pasar a corentena en solitario nos concellos do Vicedo, Mañón e Ortigueira.

Por iso, crearon parola(r), unha rede de conversas telefónicas.

Se algunha persoa necesita falar ou coñecer a alguén que o precise.

As ppersoas voluntarias de Nordés, non son profesionais, pero estarán ao outro lado da liña telefónica para botar unha parolada con quen decida chamar ao seu coordinador Ricardo, no 653 756 454.

As persoas voluntarias comprométense a manter a confidencialidade dos contidos das conversas.

Para máis información é necesario chamar ao 653 756 454 (Ricardo) ou enviar e-mail a asociación.nordes@gmail.com.

0.19462084770203